Archivo de la categoría: Socioloxía

Mostra na biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación

Co gallo da celebración da 63ª edición do Festival de Cannes os que  se acheguen ata esta biblioteca  poderán ver dúas recompilacións de material audiovisual, unha dos filmes premiados en Cannes entre os anos 2004-2009 e outra da filmografía de Tim Burton (presidente do xurado deste ano) ademáis dunha selección de bibliografía relacionada cos filmes e directores/as premiados nas diferentes edicións do festival.
Poderedes visitala ata o 12 de xuño.