Archivo mensual: noviembre 2011

MARCELA E ELISA. (Á VOLTA D)O LESBIANISMO NO CINEMA

Coincidindo ca exposición inaugurada o 22 de novembro no espazo cultural NORMAL sobre Marcela e Elisa, Presentase un ciclo sobre o lesbianismo no cinema que, desde unha perspectiva poliédrica, pretende abranguer unha ampla variedade de enfoques sobre o tema.  Poderase ver algunhas das achegas máis importantes da vangarda europea e norteamericana dos anos 60 (Fassbinder, Vera Chitylová, Kenneth Anger), unha das primeiras aproximacións ao tema por parte do Hollywood posclásico (A calumnia, William Wyler), escrito pola guionista e dramaturga lesbiana Lillian Hellman, ou as curtas da chamada nai do cine feminista Maya Deren e o impactante e descoñecido achegamento dun dos pais da modernidade xaponesa en Paixón, de Yasuzo Masumura.

Programa

NOVEMBRO:

  • 24. A CALUMNIA. William Wyler, 1961.

DECEMBRO:

  • 1. AS MARGARIDAS. Vera Chitylová, 1966.

XANEIRO:

  • 12. PAIXÓN. Yasuzo Masumura, 1964.
  • 19. SESIÓN DE CURTAMETRAXES: Meshes of the Afternoon. Maya Deren, 1943; Two Women. Man Ray, sen data; Inauguration of the Pleasure Dome. Kenneth Anger, 1954-56.
  • 26. GO FISH. Rose Troche, 1994.

FEBREIRO:

  • 2. AS AMARGAS BÁGOAS DE PETRA VON KANT. R. W. Fassbinder, 1972.

Información complementaria:

  • As proxeccións terán lugar os xoves indicados, ás 20.00 horas.
  • Entrada libre até completar a capacidade.
  • Presentación e textos dos filmes.
  • Organiza: Aula de Cinema e Imaxe, NORMAL.
 

Orson Welles, un prestidixitador do cinema.

Impartido polo catedrático Santos Zunzunegui, unha das voces máis relevantes da historiografía do cinema en España,o curso dará unha visión integral da figura de Orson Welles, un cineasta ao cal, como Jean-Luc Godard lembrou, “todos sempre lle deberán todo”. Estudarase  a súa obra americana e o seu cine apátrida.

Retrasado para o mes de marzo

Do 16 ao 19 de novembro de 2011. A inscrición pódese facer enviando un correo electrónico cos teus datos de contacto a aulacine@udc.es ou ben chamando aos tels. 981167 000, exts. 3697/4502/1962