O Museo Militar Rexional ofrece desde o día 5 de xullo e ata o 15 de agosto, unha exposición de fotografía baixo o título “A II Guerra Mundial no cine”. A montaxe dedica un apartado especial á achega do exército español ás producións de Hollywood. A mostra céntrase en carteis de películas, programas, fotografías e carátulas.
O horario en que se pode visitar de forma gratuíta é:
De luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas

