Un ano máis a Universidade convoca un curso de verán sobre cinema. Este ano nace con motivo da exposición dedicada en NORMAL ao cineasta estadounidense David Lynch, e tratará de achegarse ás escritas de cineastas que como el manteñen un complexo equilibrio entre o cinema de “autor” e a experimentación cinematográfica . Analizarase o traballo dalgúns dos cineastas máis interesantes da actualidade, como David Lynch, Atom Egoyan, Richard Linklater, Gus van Sant, Takeshi Kitano ou Jaime Rosales.
Máis información na web da UDC

