Archivo mensual: junio 2011

Escritas Cinematográficas entre a Experimentación e a Industria

Un ano máis a Universidade convoca un curso de verán sobre cinema. Este ano nace con motivo da exposición dedicada en NORMAL ao cineasta estadounidense David Lynch, e tratará de achegarse ás escritas de cineastas que como el manteñen un complexo equilibrio entre o cinema de “autor” e a experimentación cinematográfica . Analizarase o traballo dalgúns dos cineastas máis interesantes da actualidade, como David Lynch, Atom Egoyan, Richard Linklater, Gus van Sant, Takeshi Kitano ou Jaime Rosales.

Máis información na web da UDC

Mostra de cinema periférico

Estes días estase celebrando no edificio do antigo cárcere provincial da Coruña a 2ª Mostra de cinema periférico S8.

Unha nova cita que trae o mellor do cine periférico, o Super 8 e a vangarda, ademais de dar un necesario espazo ao cine performativo, ás instalacións, á didáctica e a moitas máis manifestacións.

Podedes consultar toda a programación en: http://www.s8cinema.com/portal/