Archivo mensual: abril 2011

RE. (SCALE)

Un ano máis e para que collamos forzas para o final de curso organizase cinefetsac durante os días 25, 26, 27 e 28 de abril. Haberá dúas sesións con diferentes películas ás 13:00 horas e ás 16:00 no salón de actos da Escola.

Este ano o tema elexido e a reinterpretación das escalas da arquitectura.

Algunhas das proxecions serán comentadas por profesores da Escola.

Na biblioteca temos algúns dos titulos elexidos os outros incorporarémolos á colección en breve.

Ciclo de cine verde da UDC

A oficina de medio ambiente da Universidade da Coruña organiza o seu primeiro ciclo de de cine verde. Este xoves realizaráse a primeira proxección ás 18.30 h no salón de actos da Facultade de Ciencias. O tema será o cambio climático con la proxección de:
Historia del agua embotellada /La hora once

Xoves 28 de abril ás 18.30 h no salón de graos da Facultade de Económicas
Proxección de El síndrome de china.

Xoves 5 de maio ás 18.30 h no salón de actos da Facultade de informática
Proxección de Batalla en Seattle.

Podési inscribiros mediante email a oma2@udc.es. Antes de cada proxección haberá unha introducción a cargo dun profesor especialista no tema.

ACTION/REACTION: O UNIVERSO CREATIVO DE DAVID LYNCH

 

Percorrido polo universo creativo interdisciplinar de David Lynch, que se compón ademais do seu cinema, dunha pequena mostra da súa produción plástica, televisiva e musical. A estrutura da mostra pretende ofrecer unha lectura conxunta de todas as facetas creativas de Lynch, co fin de destacar as sólidas relacións que manteñen os seus discursos nos diferentes formatos, a importancia da súa obra audiovisual e o diálogo permanente que mantén coa vangarda surrealista en xeral e cos seus referentes artísticos, como poden se Francis Bacon, Salvador Dalí….

Pode visitarse no espazo cultural Normal, sito no Paseo de Ronda .